Dúas dimisión poñerían fin ao conflito entre as agrupacións de mariscadores de Vilaxoán

VILAGARCÍA> En Vilagarcía, O conflito entre as agrupacións de mariscadores a Pé e a Flote de Vilaxoán preto de chegar ao final. Os traballadores de a Flote séntense prexudicados polo movemento das varas que marcan os límites entre as zonas de explotación e piden a dimisión de dous directivos da outra agrupación. A presidenta de a pé espera que as dúas persoa sinaladas cesen dos seus cargos na dirección.

As agrupacións de marisqueo de Vilaxoán entraron en conflito cando a agrupación de a Flote decatouse de que as varas que separan as zona de explotación estaban fora dos seus límites. Os mariscadores a flote sentíronse prexudicados e denunciaron esta situación.

A presidenta da agrupación de a Pé asegura que dende a directiva acordaran cambiar as varas pero non poñer unhas novas.

Dende a agrupación de a Flote piden a dimisión de dous directivos da outra agrupación ós que sinalan como culpables.

Lourdes Corvo apoia a decisión da agrupación de a Flote e espera que os dous sinalados cesen dos seus postos de dirección.

David Nogueira agarda que os directivos da outra agrupación presenten a súa dimisión e e chegar a un acordo ca outra formación.