SALNÉS> Historia, arte e sobre todo viño xuntos na nova publicación da escritora Rocío Acha. “Los museos del vino en España” fai un percorrido pola historia dos caldos dende a orixe das vides hai millóns de anos. Sairán á venta cunha edición limitada de 400 exemplares.
A escritora Rocío Acha presentou a súa décimo segunda publicación “Los museos del vino en España”. Unha obra que resalta a importancia dos museos do noso país dentro do mundo da cultura e do ocio. O libro fai un percorrido por todo o sector vitivinícola español.
A publicación é o resultado dun exhaustivo traballo de documentación dunha tese doutoral. A historia que percorre esta obra comeza coas primeiras vides e chega ata os nosos días.
O libro non está dedicando só aos amantes do viño e da viticultura. A linguaxe coidada da escritora permite aos principiantes descubrir este sector.
A publicación saíu a venda cunha edición limitada de 400 exemplares. Os interesados en adquirila poden facelo a través de forma online ou en determinadas librarías.