Ravella pide axuda á Subdelegación do Goberno contra os carteiristas

    bolsos_copia100.jpgVILAGARCÍA> O número de roubos aumentaron nas últimas semanas. O portavoz de IVIL foi o primeiro en presentar a súa preocupación.

    {flowplayer}images/salnes/CARTEIRISTAS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer} 

    A actividade dos carteiristas sempre aumenta durante o verán en relación ó resto do ano. Sen embargo, o importante incremento nos roubos detectado nas últimas semanas en Vilagarcía, xa fixo saltar a alarma entre os membros da corporación.

    Xosé Castro Ratón, púxose hoxe en contacto coa Subdelegación do Goberno para tomar medidas. Segundo o alcalde en funcións, os efectivos da Policía Local son insuficientes para abordar esta situación, polo que serían necesarios reforzos da Policía Nacional.

    Con esta medida, Castro Ratón responde á petición que onte presentaba na alcaldía o portavoz dos independentes, Luís Rivera Mallo. Nos meses de verán, o aumento de poboación pola chegada dos turistas e as aglomeracións, facilitan a labor ós ladróns. Algo que afecta a toda a cidadanía.

    Na rúa, os veciños vilagarciáns e os visitantes son conscientes deste perigo. A petición de Castro Ratón para mellorar a seguridade, é ben recibida.

    Ademais do escrito remitido ó subdelegado do goberno, o alcalde en funcións tamén presentará o tema nas reunións periódicas que, cada quince días, manteñen Policía nacional e Local, na Mesa de Coordinación Policial.

    Redacción Salnés