O concello de Boiro asina convenios de colaboración con 7 entidades sociais

BOIRO> O concello de Boiro vén de asinar os convenios de colaboración con sete entidades sociais. En total, suporán un investimento próximo ós 80 mil euros para axudar a financiar as actividades que desenvolve o tecido social no municipio ó longo do ano.

Cruz Vermella, Cáritas, AMICOS, Ambar, A Creba, AGADEA e Renacer son as sete entidades que veñen de suscribir convenios co concello de Boiro para levar a cabo distintos programas e actividades no municipio.

Cos 77 mil euros que supoñen estes convenios, o concello de Boiro leva investidos preto de 300 mil euros nas subvencións directas a estas entidades, ós que se suma a colaboración con outras actividades e programas específicos que se realizan anualmente.