O BNG demanda mecanismos de control para evitar o roubo de material de investigación do CIMA

Tralo recente roubo dos berberechos experimentais cos que o CIMA realizaba unha investigación para combater a martelia, o BNG esixe a toma de medidas. Os nacionalistas presentaron unha iniciativa parlamentaria demandando que se poñan en marcha mecanismos de control para identificar o marisco dedicado á investigación.

Non é a primeira vez que se producen este tipo de roubos de material destinado á investigación.  Por este motivo, o BNG demanda á Xunta medidas que permitan a identificación e seguimento do material destinado a este tipo de estudos non polo seu valor económico senón pola súa importancia científica.

A parlamentaria nacionalista lamenta que a Consellería do Mar se limitase a denunciar os feitos ante a Garda Civil e pedir colaboración cidadá para esclarecer os feitos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí