VILAGARCÍA> En Vilagarcía, a Cámara de Comercio clausurou hoxe o programa ‘Dixitaliza o teu posto’, unha iniciativa que formou ao comercio local da cidade centrada na implantación do noso sistema de facturación e en competencias dixitais. A programación rematou cunha chocolatada, música e a antrega de premios do sorteo do Black Friday entra a clientela da praza de Abastos.
Na súa sede na capital de Arousa, a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía clausurou esta mañá o programa ‘Dixitaliza o teu posto’, destinado ao comercio local.
Ao longo de todo o mes leváronse a cabo diversas accións de dinamización comercial, moi centradas nese novo sistema de facturación Veri*Factu, pensado para o pequeno comercio e autónomos. Nas xornada participou a Asociación da Praza de Abastos e tamén o colectivo de comerciantes e hostaleiros Zona Aberta. A súa presidenta salientou a variedade de accións que se incluíron no programa.
Este programa contou tamén co apoio do Concello de Vilagarcía.
Na clausura deste programa tamén participou o vicepresente primeiro da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía. José Manuel Fernández Alvariño salientou que iniciativas como esta demostran que o comercio local está preparado para dar un paso máis na súa dixitalización.
A continuación tivo lugar, xa na praza de Abastos, a Festa do Mercado. Un evento que incluíu degustación de chocolate con churros, música dos Terribles de Arousa e a entrega de premios do Sorteo sorteo do Black Friday entra a clientela da propia praza.











