O Black Friday entre os culpables das baixas ventas durante o Nadal

VILAGARCÍA> Para os comerciantes de Vilagarcía as diferentes campañas de estimulación do comercio, como o Black Friday ou as rebaixas, están acabando co pequeno comercio. Rocío Louzán sinala que moitos compradores esperan a esas campañas para mercar os agasallos de Nadal.

O Nadal era unha boa época para os comercios xa que aumentaban as súas vendas debido a tan sinaladas datas. Nos últimos anos esta tendencia esta cambiando e afectando ao pequeno comercio das vilas como Vilagarcía, tal e como sinalou a presidenta de Zona Aberta, Rocío Louzán.

Dende a asociación de comerciantes de Vilagarcía, non dubidan en chegar a onde faga falta para que se teña en conta a situación o pequeno comercio en canto a estas accións comerciais promovidas polas grandes cabeceiras.

Con todo aos comerciantes da vila aínda confían en que estes días que quedan poidan a lo menos rexistrar un maior movemento debido a estas datas. A Federación Provincial de Comercio, xa cifrou hai unhas semanas nun 8% menos o gasto xerado polas datas na comarca nun 8% menos. Segundo os datos facilitados por esta organización cada arousá gastará de media uns 335 euros durante o Nadal.