A FEGAMP demanda un novo modelo de financiamento municipal

    convenio_fegamp_100_020609.jpgPONTEVEDRA> O Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias propón que os concellos perciban o 25% da recadación estatal.

    {flowplayer}images/salnes/020609_convenio_fegamp.flv{/flowplayer}

    A perda de ingresos económicos que están a experimentar moitos concellos non é só froito da crise. Segundo o presidente da FEGAMP, a raíz do problema hai que buscala no modelo estatal de financiamento autonómico e municipal, un modelo que Carlos Fernández considera obsoleto. Recoñece que os Fondos Estatais de Investimento Local postos en marcha polo goberno supoñen unha inxección de recursos importante para os municipios, pero é unha medida pasaxeira. A boa saúde das contas municipais pasa por un cambio estrutural no sistema de redistribución de recursos.

    Fernández realizaba estas valoracións durante a sinatura do Plan Interadministrativo de Formación Continua, un convenio no que Fegamp e Deputación de Pontevedra colaboran para custear unha serie de cursos dirixidos ós funcionarios.

    Este é o segundo ano que Deputación e Fegamp asinan o Plan Interadministrativo. Nesta ocasión destinarán unha partida de 216.000 euros para o financiamento dos cursos, 14.000 máis que na pasada edición.

    Redacción Salnés