O BNG reivindica en Cambados unha nova Europa dos Pobos

    monse_100.jpgCAMBADOS> O Bloque Nacionalista Galego celebrou onte a noite un mitin no Auditorio da Xuventude de Cambados onde pediu á militancia a…

    {flowplayer}images/salnes/020609_mitin_bng_cambados.flv{/flowplayer}

    … súa mobilización para recadar o máximo número de apoios nas eleccións ó parlamento europeo que se celebran este domingo. Os nacionalistas centraron esta campaña na idea de que outra Europa é posible en contraposición á que se está intenta impoñer actualmente. O BNG avoga por unha defensa dos sectores básicos productivos galegos en Bruxelas, onde se adoptan o 70 % das decisións que afectan á economía do país.

    Piden pois unha Europa social, que defenda a cohesión e a paz, fronte ó seguimento da política imperialista dictada polos Estados Unidos, e que defenda e respecte as particularidades dos pobos que a integran e que os defenda de agresións que poden levar a súa extinción, como aseguran que está pasando en Galicia con temas como o uso do galego.

    Na súa quenda de intervención a membro da executiva nacional, a cambadesa Montserrat Prado, fixo un cumprido repaso ó que están sendo as primeiras actuacións do novo goberno da Xunta de Galicia, para escenificar o xeito de actuar do Partido Popular. Un dos exemplos que empregou foron as promesas de austeridade do executivo galego, que dixo, o tempo desmontará como unha nova mentira dos populares.

    Redacción Salnés