Os pais de Aguiño asumen o servizo de limpeza do colexio ante as deficiencias que presenta

    protestapaisaguino_100_020609.jpgRIBEIRA> Tras máis de tres anos denunciando as deficiencias no servizo de limpeza, a ANPA do CEIP de Aguiño organizou unha orixinal protesta.

    {flowplayer}barbanza/protestapaisaguino.flv{/flowplayer}

    ¿Qué mellor maneira de reclamar limpeza que limpando? Esta foi a máxima que segurion os pais e alumnos do colexio de Aguiño que esta tarde protagonizaron unha protesta.

    E é que segundo denuncian os pais, na actualidade o servizo é desempeñado soamente por dúas traballadoras, insuficientes para acometer a limpeza de todo o centro. Por isto, moitas nais xa veñen realizando dende hai tempo tarefas de limpeza polas tardes.

    Tras anos remitindo escritos ó concello e instandolle a reforzar o servizo de limpeza, os pais decidiron agora iniciar as protestas para que as súas reivindicacións sexan atendidas e os nenos poidan asistir a clase nunhas instalacións dignas.

    Xa ameazan con que seguirán convocando novas protestas ata que non se incorpore máis persoal que garanta uns mínimos de hixiene e limpeza nas instalacións.

    Redacción Barbanza