Vodafone emprende unha carreira cara a fidelización de clientes

    karting100.jpgSANXENXO> A multinacional organizou un campionato de karts no circuito Paris Dakart para 40 clientes de Galicia.

    Corenta clientes de Vodafone, en Galicia, competiron hoxe cun único obxectivo: quedar de primeiros no circuíto para poder optar ó primeiro premio: unha entrada para o Gran Premio de Fórmula 1 de Valencia, e un pase directo para coñecer ó piloto Pedro de la Rosa.

    Hoxe celebráronse as semifinais en Galicia, que tamén se están celebrar por outras provincias españolas. Os dous primeiros clasificados competirán na final que se celebrará a principios do mes de xuño en Madrid. Con esta iniciativa, Vodafone trata de fidelizar a 400 clientes preferentes da empresa e fortalecer os lazos entre comerciais e os usuarios da marca.

    Para o campionato escolleron un circuíto de excepción. O Paris Dakar conta cunha pista de 1.080 metros, cun ancho de 8 metros e homologado para campionatos a nivel nacional. Ser o primeiro circuíto permanente de Galicia dende hai 20 anos, permite á empresa organizar campionatos en grupos, cunha frecuencia diaria, durante todo ó ano.

    Clientes e comerciais competiron entre si para poder optar á proba final, á que solo conseguirán pasar os dous primeiros de cada competición. Ó final, gañou o número 15, que tardou 52 segundos en rematar a súa volta máis rápida.

    Outros non puideron destacar… pero confórmanse con participar. O que conta é pasar un bo rato, descargar adrenalina e gozar coa velocidade.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/020609_vodafone_paris_dakart.flv{/flowplayer}