POBRA> O novo espazo complementará as necesidades dos usuarios no horario no que a biblioteca estea pechada. O executivo pobrense estuda reconverter o salón de actos do ISM en sala de lectura. Actualmente está en negociacións coa Tesourería da Seguridade Social propietaria do edificio co fin de chegar a un acordo que permita acometer esta actuación. Dende o Concello apuntan a que o proxecto viría a dar resposta ás necesidades dos propios veciños que demandaban un espazo destas características. O espazo viría ademais a complementar as necesidades dos usuarios naqueles momentos nos que a biblioteca permaneza pechada. Para acometer esta actuación, que non tería un custe moi elevado, o Concello empregaría parte do remanente de tesourería previsto para esta anualidade.
Inicio A Pobra