Escasas capturas na apertura do libre marisqueo en Arousa

    iniciocampanalibremarisqueo100.jpgBARBANZA> Mal inicio da campaña nos bancos de libre marisqueo iniciada na ría de Arousa.

    {flowplayer}barbanza/iniciocampanalibremarisqueo.flv{/flowplayer}

    Os mariscadores que está mañá acudiron a faenar ó banco de libre marisqueo de Cabío non lembraban un inicio de campaña tan malo. Case ningunha embarcación conseguiu colle-los topes e as que o fixeron levoulles toda a mañá.

    Malia que é cedo para facer balance, os malos resultados desta primeira xornada agoiran unha campaña pobre ante a escaseza de marisco; non só no contorno de Cabío senón noutros bancos como o Bohído ou os Lombos do Ulla, nos que esta mañá os resultados tampouco foron os agardados.

    ‘Modelo esgotado’

    Nalgúns pósitos como no da Pobra os escasos ingresos que reporta a campaña de libre marisqueo non fan máis que evidenciar o fracaso deste modelo de xestión.

    Para mellorar a rendibilidade destes bancos, apostan polo seu reparto proporcional como zonas de autorización administrativa entre as distintas confrarías. É, segundo o patrón maior pobrense, o único xeito de garantir a súa limpeza, mantemento e vixilancia.

    Redacción Barbanza