Meis inaugura o novo centro social de San Martiño

MEIS> O concello de Meis inaugura o centro social da parroquia de San Martiño. O edificio foi financiado pola deputación de Pontevedra e polo GDR do Salnés Ulla Umia. O proxecto tivo un orzamento de 230 mil euros.

Unha das grandes demandas dos veciños da parroquia de San Martiño de Meis foi satisfeita. O concello en colaboración coa deputación de Pontevedra e o GDR do Salnés Ulla Umia levaron a cabo o proxecto de construción da casa social de San Martiño. Un centro que se inaugurou esta pasada fin de semana.

A inauguración do centro contou coa visita de numerosos veciños, a deputación de Pontevedra e a igrexa. Xa que a deputación de Pontevedra foi a que financiou a maior parte do proxecto e o arcebispado o que cedeu as instalacións.

As instalacións do actual centro social anteriormente eran utilizadas para as cortes e o galiñeiro da casa reitoral. Agora a nova instalación presenta un aspecto máis actual e funcional, con estancias e unha gran cuberta de cristal no corredor dando lugar a un espazo máis iluminado e que permite ver e ceo dende o seu interior. Con este novo centro social, a veciñanza de San Martiño poderá gozar de diferentes eventos e actividades, xa que, ata o de agora, tiñan que desprazarse á parroquia de San Salvador para poder gozar dos talleres e actos organizados polo concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí