A Fundación Manolo Paz dedicará as súas oitavas xornadas a Fernando Caruncho

CAMBADOS> A fundación Manolo Paz dedicará as súas oitavas xornadas ao paisaxista Fernando Caruncho. A fundación quere poñer en valor a importancia deste artista na contorna do Salnés. As xornadas terán lugar o vindeiro 11 de agosto nas instalacións da fundación.

Unha das datas clásicas para o mundo da cultura e das ciencias no Salnés son as xornadas da fundación Manolo Paz. Un evento que chega a súa oitava edición e que recoñece a labor dalgunha persoa, da cultura ou da ciencia, na comarca e especialmente en Cambados.

As xornadas estarán dedicadas este ano ao paisaxista Fernando Caruncho.

A xornada contará cunha performance da artista Verónica Moar. Unha celebración para poñer en valor o traballo dos tres artistas.

As xornadas terán lugar o vindeiro día 11. Comezarán cunha conversa sobre arte e paisaxe, continuará coa performance e pecharase coa entrega do premio a Fernando Caruncho.