Rueda apela á responsabilidade dos alcaldes para evitar a protesta

    rueda100_030609.jpgPONTEVEDRA> O conselleiro de Presidencia cre que a manifestación dos colectivos de Pontevedra está valeira de significado.

    {flowplayer}images/salnes/030609_rueda_por_delegados.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> 36 horas despois de que o alcalde de Pontevedra se reunira cos colectivos da cidade para fixar o lema e a hora da protesta, o conselleiro de Presidencia valorou esta manifestación.

    Segundo Alfonso Rueda trátase dunha protesta valeira de significado. O conselleiro de presidencia chamou á responsabilidade do alcalde de Pontevedra, do BNG, e do primeiro edil de Vigo, do PSOE. Rueda pediulles que non confundan á xente, con mentiras.

    Rueda respecta o dereito dos cidadáns a manifestarse pero pide coherencia. O conselleiro insiste en que non se van mover os funcionarios, nin os servizos das delegacións da Xunta en Pontevedra e Vigo. E xustificase ó recordar que a medida tomouse para recortar gastos. Segundo o conselleiro, o que se aforre destinarase a pagar as axudas á dependencia e a sufragar as débedas promovidas polo bipartito.

    Redacción Salnés