Venres comeza a IX Ruta ‘O Cabaleiro das Cunchas’

BOIRO> O vindeiro tres de agosto comeza a novena Ruta Marítima Xacobea “O cabaleiro das Cunchas”. Unha nova edición na que volven a contar con Cabo de Cruz como parada obrigatoria. Trátase da sexta vez na que o Concello de Boiro decide apoiar este ruta para potenciar o turismo e a economía non só da vila, senón de toda a comarca do Barbanza. Este ano a ruta “O Cabaleiro das Cunchas” sae oficialmente dende a cidade portuguesa de Aveiro, para convertese así na edición máis longa. Tamén pasará por outras vilas do país veciño coma Vila nova de Gaia ou Viana do Castelo. Unha vez en Galicia, Baiona, Cabo de Cruz e Vigo serán os tres portos nos que amarren. A Boiro chegarán o día dez, e pasarán na vila dous días nos que se desprazarán ata Santiago para facérllela ofrenda ó Apostol. Un total de vinte e catro embarcacións, oito delas novas. O que demostra a boa participación na ruta, que se está a converter nun reclamo turístico para a comarca do Barbanza.