Sánchez Presedo: ‘A única dirección de futuro é a Europa social’

    psoe100_030609.jpgPONTEVEDRA> Os candidatos Ramón Jáuregui e Antolín Sánchez Presedo pediron en Pontevedra o voto para o PSOE.

    {flowplayer}images/salnes/MITIN_PSOE_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Os candidatos ó Parlamento Europeo Ramón Jáuregui e Antolín Sánchez Presedo pediron onte en Pontevedra o voto para o PSOE.

    Os socialistas afirman que só a esquerda garante que as discusións económicas se fagan sobre unha base de modelo social. No caso contrario sitúan as intencións do PP. Antolín Sánchez Presedo cre que o seu rival do PP Jaime Mayor Oreja ten unha idea raquítica de España, e pola contra o PSOE si ten en conta ás comunidades. O candidato socialista defendeu o multilingüismo en Europa, e en especial o galego.

    Os candidatos estiveron arroupados polo secretario xeral do PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez. O dirixente socialista criticou duramente ó actual goberno da Xunta e afirma que o 7 de xuño gañarán as eleccións.

    Os socialistas din tamén que os do 7 de xuño son votos anticrise e reivindican unha Europa con capacidade de influencia para reorganizar o mundo de xeito máis xusto.

    Redacción Salnés