![]()
POBRA> Nesta ocasión volven denunciar un novo vertido no río Morto, nas inmediacións do polígono industrial da Tomada.
{flowplayer}barbanza/psoevertidoriomorto.flv{/flowplayer}
Imaxes coma esta estanse a repetir segundo os socialistas con bastante frecuencia no río Morto, nas inmediacións do polígono industrial da Tomada. A pesar das reiteresadas denuncias presentadas no concello, o executivo local mira para outro lado, e non lle está a buscar unha solución a estes problemas. Ademais do grave prexuízo medioambiental que se lle está producir ó cauce do río, os socialistas sinalan que os vertidos están a causar graves perdas ó sector pesqueiro e marisqueiro da localidade.
Total permisividade
Os socialistas acusan ó rexedor local de actuar con total permisividade cos infractores.
Augas residuais
Nesta ocasión o informe realizado polos axentes da Policía Local que acudiron ó lugar a realizar as correspondentes comprobacións constata de que a tubaxe procedente do parque empresarial levaba augas residuais, posiblemente procedentes dalgunha empresa asentada no polígono, debido o olor pestilente que desprendían.
Redacción Barbanza









