Os conflitos internos das mariscadoras agrávanse co incremento do furtivismo

    furtivismorianxo_100_240308.jpgRIANXO > Nas últimas semanas detectouse un gran incremento dos casos de furtivismo nas concesións da confraría de Rianxo.

    {flowplayer}barbanza/furtivismorianxo.flv{/flowplayer}

    Trala recente dimisión da presidenta do colectivo de mariscadoras de a pé de Rianxo, a situación neste sector non mellora. Segundo o patrón maior da confraría existe unha gran deixadez en boa parte do colectivo o que está a provocar un incremento dos casos de furtivismo nas súas concesións.

    Baltasar Rodríguez atribúe a decisión da anterior presidenta ós conflitos internos existentes no seo da agrupación. Aínda así considera que é preciso traballar para chegar a acordos e impulsar as propostas en lugar de dimitir renunciando á confianza depositada pola asemblea.

    Trala renuncia de Arantxa Abuín, pasou a ocupar o seu cargo a, ata entón vicepresidenta, Vicenta Reboiras. Agora, haberá que convocar eleccións parciais para completar os membros da xunta directiva, segundo estableza a Consellería de Pesca.

    Redacción Barbanza