O Campionato de España de Motos Acuáticas visita Sanxenxo

motos250_040609.jpgVILAGARCÍA> A sede que a empresa Náutica Vidal ten en Vilaxoán foi escenario esta mañá da presentación da proba do Campionato de España de Motos Acuáticas que se desenvolverá os días 13 e 14 en Sanxenxo. Os mellores a nivel nacional nas modalidades Offshore e Rally Jet, daranse cita na Ría de Pontevedra.

{flowplayer}images/salnes/motosacuaticas_040609.flv{/flowplayer} 

O Campionato de España de Motos Acuáticas visita Sanxenxo. Será no denominado Open Náutica Vidal, empresa patrocinadora do evento coa que colaboran o náutico e o Concello de Sanxenxo mailas Federacións galega e española de Motonáutica.

A competición dará comezo o sábado coa modalidade de rally-jet, nun circuito pechado moi vistoso para o público e no que se correrá en tres categorías: promoción, stock e Pro, o mesmo que o domingo, día para o que quedará a Offshore ou raid, unha travesía que levará a máis de 60 pilotos a completar un percorrido de 100 millas náuticas polas Rías Baixas, con saída e chegada en Sanxenxo pasando por Baiona e Ons entre outros sitios.

Os pilotos de Náutica Vidal Arturo Campos e Juan José Pintos tentarán estar o máis adiante posible, aproveitando que por fin Galicia acolle unha prova destas caracterísiticas e poden correr diante da súa xente.

Na presentación desta mañá houbo momento para que os compañeiros dos medios de comunicación puideran probar estas motos. Son máquinas de case 300 CV de potencia e que surcan ó mar sobrepasando os 80 nudos. En competición o momento máis perigoso non é cando máis velocidade alcanzan senón o intre da saída.

Kiko Aguilera, Manuel Osorio e os mesmos Arturo Campos e Juan José Pintos parten con opcións de victoria. Para ver este Open Náutica Vidal haberá que agardar ata a vindeira fin de semana, días 13 e 14 de xuño.

Redacción Salnés