Na procura dun millón de euros para rehabilitar o mosteiro de Armenteira

    armenteira100.jpgMEIS> Xunta, Deputación e Concello tratarán de recabar os fondos precisos para acondicionar o espazo e acometer as obras valoradas en 1.200.000 euros.

    O mosteiro da Armenteira, situado no concello de Meis, precisa dunha reforma urxente. A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia comprometéronse hoxe coa fin de conseguilos fondos necesarios para a rehabilitación do templo, que data do século XII.

    A visita estivo guiada polo director da escola de canteiros da Deputación. Que foi a persoa encargada de deseñar a rehabilitación do mosteiro. O templo conta con 900 anos de antigüidade e sofre problemas de humidades e condensación. As bóvedas teñen fisuras e é preciso iluminar a instalación.

    Os traballos están divididos en catro fases que se acometerán nun prazo de dous anos, segundo afirmou o presidente da Deputación. As obras de rehabilitación están valoradas nun millón douscentos mil euros. A Deputación e a Xunta comprometéronse a conseguir o financiamento para a rehabilitación. Para conseguilo solicitar cartos ós organismos rexionais e nacionais.

    O alcalde de Meis está satisfeito co inicio dos traballos de recuperación do Mosteiro da Armenteira. Unha das xoias arquitectónicas de máis valor na comarca do Salnés. A Deputación acometerá varias obras de mellora na estrada de acceso ó mosteiro de xeito simultáneo, á rehabilitación do templo.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/040609_armenteira.flv{/flowplayer}