Feijoo cre que repetirán o domingo a maioría acadada o 1M

    mitin_pp_pontevedra100.jpgPONTEVEDRA> Os populares esperan repetir o domingo a vitoria electoral que tiveron en Galicia o 1 de marzo.

    {flowplayer}images/salnes/MITIN_PP_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Os populares esperan repetir o domingo a vitoria electoral que tiveron en Galicia o 1 de marzo.

    Así o indicaron no mitin celebrado onte á noite en Pontevedra, no que o candidato ó Parlamento Galego Francisco Millán Mon, estivo arroupado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Ambos cren que hai vontade de cambio en Europa e que esta se repetirá nos vindeiros comicios municipais e estatais.

    O PP afirma que estas Europeas son as eleccións das crise. Que o domingo se decidirá entre a credibilidade e as solucións que eles ofrecen e o engano económico e o márketing político que dan os seus adversarios. Os populares aseguraron en Pontevedra que eles si souberon defender os intereses de Galicia en Europa.

    Redacción Salnés