O concello da Pobra mellora o centro de recollida de animais

POBRA> Hai uns días remataron as obras de acondicionamento levadas a cabo polo Concello no centro de recollida de animais abandonados da Tomada, e esta mañá o alcalde, José Carlos Vidal, decidiu visitar as instalacións para ver o resultado das obras.

A actuación consistiu basicamente no acondicionamento dunha zona de esparexemento exterior do recinto, a construción dun muro de contención e a mellora da recollida de pluviais para a eliminación de filtracións no inmoble.

Uns traballos que supuxeron un investimento duns 25 mil euros con cargo a fondos propios.

O alcalde aproveitou a visita para reafirmar o compromiso do Concello co benestar animal.

O rexedor destacou tamén o traballo que realizan os voluntarios da Protectora Moura que se encargan da coordinación do recinto.

Actualmente hai nove cans á espera dunha familia. As persoas interesadas en adoptar pódense pór en contacto a través do teléfono 604 03 03 96 ou no enderezo electrónico protectoramoura@gmail.com.