Colas en Ribeira para encargar o roscón de Reis

    rosconreis100.jpgRIBEIRA> Actividade frenética na pastelería A Maricola. O seu famoso roscón de reis atrae a veciños de tódalas parroquias que optan por encargalo con antelación.

    {flowplayer}barbanza/rosconreis.flv{/flowplayer}

    Dende primeira hora da mañá traballan sen descanso na Maricola, unha das pastelerías con máis sona e máis antigas de toda Ribeira. Dende hai máis dun século, este negocio familiar elabora os doces máis saborosos; entre eles o seu famoso roscón de reis: recheos de nata, crema, froitas e todo tipo de variedades para os padais máis exquisitos.

    Aínda que a data para tomar o roscón é o día 6, a maioría dos clientes optan por encargalo a véspera para non quedar sen el ante a gran demanda de existencias.

    Aínda que o roscón segue a ser a estrela, hai quen se decanta por outros prostres algo máis lixeiros que ben veñen tralas copiosas comidas do Nadal.

    Sexan biscoitos, pasteis ou roscas a calidade está garantida. Máis de cen anos adozando a vida dos ribeirenses co mellor facer artesán avalan as creación de Doces A Maricola.

    Redacción Barbanza