A Mostra de Teatro de Ribeira dá o salto internacional cunha compañía belga

RIBEIRA> Ribeira presenta unha nova edición da mostra de teatro que este ano dá un salto de calidade coa incorporación dunha compañía internacional. Xunto cos belgas  ‘Okidok’ completan o cartel unha produción nacional e outras once galegas, con ampla representación do talento local.

O 2 de setembro sairán á venda as entradas para a mostra de teatro de Ribeira que este ano dará o salto ó panorama internacional cunha compañía belga e unha produción nacional coa actriz María Galiana. Estas dúas funcións súmase a outras once obras galegas.

Tódalas funcións desenvolveranse no auditorio municipal, os venres ás nove e cuarto, dende o 25 de setembro ata o 18 de decembro cando o o Grupo Municipal de Teatro de Ribeira clausurará a mostra coa súa última obra.

Esta última función será gratuíta mentres que o resto das entradas terán u prezo de 4’95 euros máis gastos de xestión, puidendo tamén adquirir un bono de 35 euros que dá acceso a toda a mostra. Estarán á venda a partir do próximo mércores na oficina de atención cidadá ou a través de www.ataquilla.com