O executivo rianxeiro executa obras de pavimentación en Brión

RIANXO> Trátase dun proxecto de pavimentación e recollida de pluviais nun dos viais interiores do núcleo de Brión. A actuación, incluída no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña conta cun orzamento duns 120 mil euros.

Dende hai varias semanas o executivo rianxeiro está a desenvolver a primeira fase dun proxecto de pavimentación e recollida de pluviais nun dos viais interiores do núcleo de Brión. Unha actuación incluída no Plan de Obras e Servizos que conta cun orzamento duns 120 mil euros.

O proxecto prevé unha pavimentación en formigon e adoquín de pedra. Un tratamento especial xa que o executivo ten intención de incluir este núcleo nunha posible ampliación da Área de Rehabilitación Integral.

As obras nesta primeira fase contan cun prazo de execución de tres meses.