Sanxenxo xa é o primeiro Territorio de Preferente Actuación Turística

SANXENXO> Sanxenxo declarado como territorio de preferente actuación turística. Trátase do primeiro municipio galego ao que a Xunta de Galicia concede este recoñecemento, que supón a aprobación dun Plan de Actuación Integral que ordee os seus recursos. Entre os obxectivos está impulsar o destino enfocado ao turismo familiar e deportivo, e avanzar na desestacionalización da demanda turística.

Sanxenxo é o primeiro territorio de preferente actuación turística de Galicia. A Xunta concedeu este distintivo ao municipio, que lle suporá máis seguridade xurídica e a posta en marcha de máis ferramentas para convertelo nun lugar mellor para visitar e para vivir.

Hai un ano que o concello iniciou o proceso para conseguir esta declaración. Os seus recursos turísticos convenceron á Consellería para concederlla. Agora o concello contará co respaldo autonómico para dalos a coñecer.

Martín recoñeceu que este ano está a ser moi difícil para a actividade turística de Sanxenxo. O concello destinou 1,6 millóns de euros para axudar a paliar os efectos da crise do coronavirus. Un traballo que, segundo explican dende o sector, debe ser conxunto entre os mundos privados e público.

Para seguir promocionándose como destino, este ano o sector estreou a campaña Sanxenxo Volve, que reclama o lugar que lle corresponde á vila como primeiro destino turístico do noroeste de España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí