A máscara deixa de ser obligatoria no transporte público, as ópticas e centros auditivos

SALNÉS, VILAGARCÍA> O transporte público, as ópticas, ortopedias e centros auditivos xa poden visitarse sen máscaras. Traballadores e clientes agradecen o fin da obrigatoriedade xa que creen que a situación é segura. Aínda así recomendan á xente que teña algún síntoma que a siga utilización por precaución.

Xa parece que a pandemia e os contaxios da Covid quedaron moi lonxe pero a penas hai un ano que a máscara xa non é obrigatoria en exteriores. Unha medida que pouco a pouco foise ampliando a outros espazos. Dende este mércores, a máscara tampouco é obrigatoria no transporte público, nas ópticas, ortopedias e establecementos de audiopróteses.

Si continuará sendo obrigatoria en farmacias e centros médicos ante o risco que accedan a eles persoas con síntomas.

En xeral, a veciñanza agradece esta medida, aínda que hai quen prefire seguir levándoa.

Tanto os traballadores como os clientes aseguran sentirse seguros aínda que xa non sexa obrigatoria a máscara.

O que si que aconsellan é o uso da máscaras para aquelas persoas que teñan síntomas ou que residan con persoas en risco.