O PP pregunta no Congreso polo atraso do acceso ó porto de Vilagarcía

    pp_acceso_porto100.jpgVILAGARCÍA> O PP elevou ó Congreso a súa preocupación polas obras do acceso ó Porto de Vilagarcía.

    {flowplayer}images/salnes/PP_ACCESO_PORTO.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Os deputados pontevedreses do PP preguntan ó Goberno central cando prevé finalizar o acceso ó porto de Vilagarcía.

    Os deputados populares lembran que 60 mil vehículos transitan a diario polas rúas de Vilagarcía e advirten do risco para a seguridade que provoca o tráfico de camións e transportes especiais pola vila. Como exemplo sinalan o tráxico accidente ocorrido hai uns días en Carril, no que faleceu o condutor dun camión cisterna que envorcou na estrada e acabou vertendo 28 mil litros de fuel a escasos metros dos viveiros de ameixas.

    Segundo os populares, boa parte deste problema aliviaríase cando se complete a circunvalación da cidade, aínda en construción. Esta infraestrutura, lembran os deputados do PP, está conformada pola Variante Norte, que xa está parcialmente aberta, e o novo acceso ó porto, que é competencia do Ministerio de Fomento e que xa acumula máis de ano e medio de atraso.

    Precisamente, por esta demora, os populares explican que non se pode abrir na súa totalidade a Variante Norte, atrasando inda máis a posta en servizo de dúas infraestruturas vitais para esta zona. Os deputados cren que o Goberno debe comprometer unha data e, ante todo, explicar ós veciños do Salnés os motivos da demora.

    Redacción Salnés