Un cambadés reclama a execución da orde de derrube da casa dun veciño de Vilariño

VILARIÑO> Un veciño de Vilariño en Cambados pide que se execute a orde de derrube dunha das casas próximas á súa. O afectado leva 14 anos coa denuncia e xa gañou dúas demandas. Está estudando a situación de dúas casas máis que asegura tamén foron construídas de forma ilegal.

Este camiño situado na avenida de Vilariño en Cambados leva 14 anos sendo motivo de disputas. Un dos veciños denunciou que unha das casas que próximas foi construída de forma ilegal. Os xulgados déronlle a razón en dúas ocasión e ordenou derribar a casa pero máis dunha década despois a orde non foi executada.

Rodrigo explica que ao ser unha servidume, a vivenda non poden ter acceso ao camiño sen estar retranqueada catro metros. Sen embargo esta casa non só dispón da entrada, senón tamén dun garaxe para coches e un balcón.

O afectado está a estudar o caso das outras vivendas. Asegura que aínda que contan con permisos, algunhas das obras que fixeron son ilegais.

O concello tras estudar o caso aprobou hoxe executar a orde de derrube. Agora quedará pendente a actuación do propietario da vivenda que aínda pode interpoñer un recurso que volva a paralizar a execución.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí