Os nenos do colexio A Pastora de Cambados aprenden a cociñar ‘san’

    comidasaudableceipapastora_100_200307.jpgCAMBADOS > Cada vez máis os centros educativos tratan de concienciar ós pequenos da importancia de comer ben.

    Os problemas de obesidade son xa unha realidade na nosa sociedade e, a maioría, comezan na infancia. Para evitalo, o colexio da Pastora leva uns anos organizando unhas xornadas de comida saudable nas que participa nada menos que o maitre do Parador de Cambados.

    comidasaudableceipapastora_300_200307.jpgAntonio García Bono é o encargado de ensinarlles ós alumnos do colexio a Pastora como se fai pan, galletas ou batidos. Tres alimentos saudables e moi ricos. Os pequenos atenderon ás explicacións de Antonio antes de recibi-la súa masa para traballar con ela. Algúns puxeron a traballar tódolos seus sentidos, antes de comeza-lo amasado, que fixeron con mimo.

    Despois déronlle a forma de galleta e adornárona con diversos produtos antes de metelas no forno. E mentres se ían cocendo, os nenos aproveitaron para aprender a facer batidos, misturando froita, zumo e leite. Anque non todos estaban moi conformes coa idea de probalo, moitos comprobaron que o batido lles gustaba e comprometéronse a facelo na casa coa axuda dos seus pais.

    Éste é o obxectivo da directiva do centro: que os pequenos se conciencien da importancia de comer san e variado e que leven esa idea ás súas casas. Para iso, tras esta xornada práctica, ‘os pequenos seguirán traballando as receitas na clase’, tal como asegura a directora, Marina Trouís, quen destacou o papel de Antonio García nesta iniciativa que levan a cabo tódolos anos no centro con gran éxito.

    Redacción Salnés