O Salnés disporá dunha Unidade de Desenvolvemento Infantil

    agat_100_100609.jpgCAMBADOS> Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia dirixido a cativos con algún tipo de discapacidade.

    {flowplayer}images/salnes/100609_convenio_cambados.flv{/flowplayer}

    A Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar é un proxecto pioneiro en Galicia que a Asociación Galega de Atención Temperá puxo en marcha a finais de abril. Trátase dun servizo asistencial dirixido ás familias con nenos de cero a 16 anos que presentan algún tipo de discapacidade ou dificultade no seu desenvolvemento. A iniciativa levarase a cabo durante este ano nas comarcas do Salnés e do Deza, e conta coa subvención da Consellería de Traballo e Benestar.

    No Salnés, a AGAT disporá dunha oficina central situada no Centro Sociocomunitario de Vilagarcía, espazo cedido pola Xunta. A ela poderanse dirixir tódalas persoas interesadas en demandar o seu servizo, aínda que, ante o interese que espertou esta iniciativa, o concellos de Cambados decidiu implicarse máis de preto na Unidade e por iso, a Asociación Esperanza Salnés firmou un convenio coa AGAT para realizar actividades conxuntas.

    Redacción Salnés