Os orzamentos 2.006 de Vilagarcían irán a pleno este mes

    VILAGARCÍA> Os orzamentos para o ano 2.006 do concello de Vilagarcía  serán debatidos este mes polo pleno municipal. O grupo de goberno enviou hoxe ós voceiros da oposición o documento para estudialo. Os  presupostos aumentaron nun nove por cento con respecto o pasado ano destacando o incremento no gasto social e dos investimentos a realizar.

    Os orzamentos para o ano 2006 que o concello de Vilagarcía debaterá este mes  en pleno aumentaron nun nove por cento con respecto o  ano anterior. O 61 por cento dos ingresos ten orixe municipal: impostos, taxas e prestamos. En canto os gastos un 35.80 por cento está destinado os servicios sociais, culturais e deportivos, un 29.10 en mantemento de infraestructuras e servizos públicos, o 8.20 irá destinado a policía local e protección civil, un 2.30 ós órganos de goberno e   o 7.50 á débeda pública.

    Á xuventude irá destinado un 30 por cento, de 70.000 euros que se destinaron no 2004 pasarase ós 91.000 deste ano e as transferencias das iniciativas ós mozos pasará de seis mil a quince mil euros. Uns orzamentos caracterizados polo rexedor vilagarcián como realistas e adaptados as necesidades dos cidadáns.

    Redacción Salnés