Portos reforzará o servizo de gardapeiraos no sur da ría de Arousa

GALICIA> Portos de Galicia reforza o servizo de gardapeiraos ao sur da ría de Arousa. O equipo incorporará nas vindeiras semanas dous novos traballadores, que se unirán aos tres xa existentes para xestionar e controlar as once instalacións portuarias de titularidade autonómica. O obxectivo final é dar un mellor servizo os usuarios.

Portos de Galicia reforzará o servizo de celadores gardapeiraos nas instalacións portuarias do sur da ría de Arousa. Nas vindeiras semanas, o ente autonómico incorporará dous novos profesionais, que se sumarán aos tres que traballan na actualidade nos once portos.

Ademais de reforzar o traballo actual, a intención do ente autonómico é que isto permita aos gardapeiraos desenvolver novos labores no seu día a día.

Un dos novos celadores traballará nos peiraos de Carril e Vilaxoán, instalacións que ata o de agora non contaban con este servizo. O outro dedicarase aos tres portos da Illa de Arousa. Ademais, dende Portos de Galicia tamén establecerán reforzos puntuais.

José Juan Durán explicou que estes reforzos tamén se darán noutras áreas de Galicia proximamente, como é o caso de Muros-Noia ou Cedeira.