NORFOR organiza o’ V Encontro Forestal para Partes Interesadas’

    norfor_100_100609.jpgPONTEVEDRA> A filial do Grupo ENCE explicou os traballos que realiza na xestión de montes.

    {flowplayer}images/salnes/100609_xornadas_norfor.flv{/flowplayer}

    NORFOR é unha das empresas forestais encargadas de subministrar a materia prima coa que traballa ENCE. No marco da súa actividade, encárgase de xestionar varias plantacións nas que se cultivan de xeito sostible eucaliptos, a especie arbórea que demanda a celulosa. Na xornada celebrada na Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Pontevedra, os responsables de NORFOR explicaron como levan a cabo esa organización das plantacións, unha labor que lles permitiu recibir a certificación forestal de xestión sostible. Esta distinción garante que a empresa que a recibe realiza unha explotación dos montes respectuosa co medio ambiente e a normativa vixente.

    En España, as empresas designadas con esta certificación son unha minoría.

    Desde que no 2002 entrou en vigor este protocolo, en Galicia tan só recibiron esta certificación arredor de cen mil hectáreas de plantacións forestais. Iso a pesar de que a galega é a comunidade con maior capacidade de produción de madeira.

    Ó remate das charlas, os participantes realizaron unha visita de campo a varios montes xestionados por NORFOR co obxectivo de comprobar in situ os métodos de traballo desta empresa.

    Redacción Salnés