Os parlamentarios debaten sobre o futuro dos Hospitais do Salnés e o CHOP

    foto_nova_100.jpgSANTIAGO> A situación do Hospital do Salnés foi tema de debate hoxe no Parlamento Galego. O Deputado Socialista, Modesto Pose, interpelou á…

     {flowplayer}images/salnes/nova.flv{/flowplayer}

    … actual Conselleira de Sanidade Pilar Farjas, sobre a situación da xerencia do centro e a evolución das obras que se están a levar no mesmo. En primeiro termo, Pose defendeu que a postura dos socialistas era a de tender cara a unha coordinación co Centro Hospitalario de Pontevedra pero mantendo a súa independencia organizativa; e instou á Conselleira a que aclarase á poboación cal era a postura a este respecto do goberno galego. Na súa quenda de palabra, a titular do departamento autonómico da Sanidade, sen chegar a especificar se o Hospital do Salnés vai a perder a súa independencia organizativa, culpou ó goberno anterior bipartito da situación creada.

    O parlamentario Modesto Pose quixo saber tamén se a actual Conselleira ía a continuar adiante ca segunda fase das obras previstas no Centro Hospitalario do Salnés, a escasos días do remate da primeira fase. A Conselleira Pilar Farjas tampouco esclareceu o futuro destas obras de ampliación do Salnés.

    Os parlamentarios galegos falaron tamén longo o tendido sobre a situación do Hospital de Pontevedra.Socialistas e nacionalistas coincidiron en continuar cas obras de ampliación do actual centro no canto de construír un novo, tal e como solicitou o voceiro do Partido Popular en Pontevedra, Telmo Martín.

    Os socialistas defenderon que eles presentaran nos orzamentos deste ano unha partida de 420 millóns de euros ca que comezar a executar as obras do novo hospital de Vigo e da ampliación do centro hospitalario pontevedrés. Os populares contraatacaron asegurando que non deixaran partida real algunha para acometer as dúas actuacións, e que non fixeran máis nada que planos e alzadas.

    A Conselleira de Sanidade quixo deixar claro o compromiso da Xunta de Galicia de seguir adiante con estas actuacións.

    Redacción Salnés