Un desaugue da AP-9 desfai o tramo cesureño do Camiño de Santiago

    angueira_camiosantiago1_100_201006.jpgPONTECESURES > O Concello apunta a unha tubería de desaugue da autopista como causante dos danos sufridos polo Camiño de Santiago

    … ó seu paso polo Concello de Pontecesures. Ó parecer as fortes chuvias atoaron o tubo que acabou desviando a auga a través do monte desfacendo un tramo da ruta xacobea e fincas particulares.

    camiosantiagocesures_200_201006.jpgAsí quedou o tramo do Camiño Portugués que transcorre polo concello de Pontecesures. As fortes chuvias tiveron algo que ver nesta desfeita pero a causa principal radica nun tubo de metro e medio que recolle a auga que cae no asfalto da autoestrada AP-9. Un veciño deu aviso ó Concello hai dous días, e o goberno local xa se puxo en contacto con Autopistas del Atlántico. O Concello asegura que se viu afectado un tramo de 300 metros deste camiño protexido. Unha zona moi transitada por peregrinos pero tamén por veciños para acudir ás súas fincas particulares e que agora supón un perigo para o viandante.

    O Goberno local decidiu pórse en contacto tamén co Xacobeo, que xa se comprometeu a visitar a zona o vindeiro luns. O alcalde asegura que o Concello non pode afrontar só o arranxo desta ruta xacobea e amósase confiado na boa disposición tanto de Autopistas como do Xacobeo.

    Redacción Salnés