VILAGARCÍA> A base brasileira Cristina de Souza e a aleiro rioxana Ylenia Manzanares convertéronse nas primeiras incorporacións do Extrugasa para a temporada que ven. Dúas xogadoras polivalentes que están chamadas a ser pezas clave no equipo da 2009/2010.
O Extrugasa da vindeira temporada vai collendo forma. Se o martes pechábase a contratación de Cristina de Souza como directora do xogo do equipo, onte pola tarde coñecíase a segunda incorporación para a 2009/2010.
Ylenia Manzanares, unha aleiro de 25 anos e 1,75 metros estatura. É natural de Logroño pero estivo varios anos vivindo en Pontevedra, cursando INEF e xogando no Arxil, polo que lle vai ser máis sinxela a adaptación. Tamén pasou polo Pabellón de Ourense, Bembibre e Zamora, que é de onde procede. Con Ylenia Manzanares o Extrugasa gañará en potencia física, é unha gran defensora, destaca no un contra un e no aspecto reboteador. Os seus cinco anos na Liga Feminina 2 e as grandes estadísticas que foi asinando temporada tras temporada a colocan como peza clave no conxunto de Tito Díaz.
Non foi a primeira porque o martes pola tarde coñecíase a contratación de Cristina de Souza. Trátase dunha vella coñecida da afección vilagarcián. A base brasileira regresa o equipo tralo seu primeiro paso alá pola 2004/2005. É unha xogadora polivente, que pode actuar tanto na posición de base como na de escolta, grazas ós seus 173 centímetros de estatura. Procede da Seu D’urgel, onde actuou o ano pasado na Liga Feminina. Ten 31 anos e aportará fundamentalmente experiencia, calidade á hora de defender e lanzamento exterior, xa que colleita bos porcentaxes no tiro de tres. Será, nun principio, a xogadora elexida por Tito Díaz para dirixir o xogo do Extrugasa do vindeiro ano.
Redacción Salnés