Un caldeirón aparace varado nunha praia ribeiresa

    varamentocaldeironribeira_100_100609.jpgRIBEIRA> O cetáceo, en avanzado estado de descomposición, foi retirado esta mañá da praia de Celeiráns na parroquia de Aguiño.

    {flowplayer}barbanza/varamentocaldeironribeira.flv{/flowplayer}

    Os varamentos destas especies son bastante habituais na costa ribeiresa. Na maioría dos casos as corrientes mariñas e os ventos son as principais causas de que os cetáceos acaben nas praias da zona. Aínda así a presenza desta especie de gran tamaño non deixa de ser chamativa. O caldeirón atopado na praia aguiñesa de Celeiráns é un tipo de golfiño que se estende polas costas que bordean a Antártida, Sudamérica, Sudáfrica e Oceanía, así como tamén o Atlántico Norte. É bastante habitual a súa presenza na costa galega e no resto de comunidades do Cantábrico e Portugal.

    Gran tamaño

    O exemplar varado en Ribeira ten máis de catro metros de lonxitude cun peso aproximados de tres toneladas. Esta especie soe confundirse coas baleas, pero son realmente golfiños, diferenciándose das primerias en que posúen dentes e non barbas. Habitualmente son de cor gris escura ou negra clara e posúen unha banda diagonal branca en cada ollo.

    Retirada cetáceo

    Os servizos municipais de Medio Ambiente foron os encargados da retirada do cetáceo da praia, traslándoo ata unha explanada de Couso. Está previsto que mañá pola mañá a empresa Gesuga, Gestora de Subproductos de Galicia, entidade autorizada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas se encargue do seu transporte a un lugar axeitado para o seu tratamento e estudo. O aviso ó concello sobre o varamento do cetáceo partiu do propio CEMMA, a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños. No que vai do ano, este é o terceiro caldeirón varado no litoral ribeirés do que se ten constancia.

    Redacción Barbanza