A ‘Q’ de calidade turística ondeará en tres areais boireses

    qcalidadepraiasboiro_100_100609.jpgBOIRO> O distintivo é concedido polo Instituto da Calidade Turística, dependente do Ministerio de Turismo.

    {flowplayer}barbanza/qcalidadepraiasboiro.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Boiro, Xosé Deira, e a edil de Turismo, Paqui Suárez, presentaron esta mañá as tres bandeiras coa ‘Q’ de calidade concedidas polo Instituto da Calidade Turística, dependente do Ministerio de Turismo, a tres areais boireses, concretamente ó de Mañóns, a Retorta e Carragueiros. O distintivo, que premia a calidade das augas e os servizos que se prestan nas praias, ondeará nos tres areais a partir do primeiro de xullo.

    Recoñecemento

    Os responsables municipais non podían oculta-la súa satisfacción pola concesión deste distintivo para tres dos seus areais. As bandeiras coa ‘Q’ de calidade turística entregadas ó concello boirés supón un recoñecemento ó sistema de calidade implantado nas praias do municipio.

    Tanto o alcalde como a edil de Turismo destacaron o feito de que Boiro sexa o municipio galego con máis praias que ostentan este distintivo posto que soamente sete areais de toda Galicia contan coa ‘Q’ de calidade. O éxito é froito do traballo realizado dende o concello pero tamén grazas ós veciños pola súa actitude de máximo respeto polos recursos naturais.

    Máis servizos

    A implantación da ‘Q’ nestas tres praias garante unha serie de beneficios para os seus usuarios.

    O que si lles chama moito a atención dos membros do goberno boirés é o feito de que a praia da Retorta recibise a ‘Q’ de Calidade e se lle retirase a bandeira azul, considerando que as razóns esgrimidas pola Fundación Europea de Educación Ambiental para tomar esta decisión non teñen sentido.

    Redacción Barbanza