O BNG do Salnés desmonta ‘as mentiras do PP’

    duarte100_110609.jpgVILAGARCÍA> O BNG do Salnés asegura que o dito ‘colles antes a un mentireiro que a un coxo’ se pode aplicar ó PP.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_MENTIRAS_PP.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O BNG do Salnés asegura que o dito ese de que se colle antes a un mentireiro que a un coxo ben se pode aplicar ós dirixentes populares da comarca.

    Un exemplo é o que pasou coa polémica lei de Costas. Duarte Correa, o responsable comarcal do BNG, lembra as imaxes do alcalde de Vilanova marcando con pintura a liña dos 500 metros no seu municipio, ou os folletos repartidos polo PP de Cambados nos que se dicía que para Feijoo era unha prioridade derrogar esa lei. O BNG sinala que sen embargo, o PP agora prorrogou esa medida por seis meses porque non hai posibilidade xurídica de botala abaixo. Correa asegura que iso é mentira.

    Outra baza do PP na campaña das autonómicas foi o polígono de Tremoedo. Nun xornal da comarca indicábase hoxe que a Xunta prosegue coa tramitación deste parque industrial. Duarte Correa sospeita ademais que na reunión do alcalde de Vilanova co conselleiro de Infraestruturas se falou deste asunto.

    Correa tamén critica as decisións que está a tomar a Xunta de Galicia sobre o Hospital do Salnés. O BNG defende que o Salnés sexa área sanitaria propia e que se amplíe o hospital e estráñase de que os populares da comarca estean calados despois da comparecencia da conselleira de Sanidade onte no parlamento de Galicia.

    Duarte Correa tamén criticou a Cores Tourís por remitir unha carta de despedida ós veciños de Cambados nas que loa a súa labor no concello. O BNG pregúntase quen costeou estas cartas, que se enviaron nun sobre con franqueo pagado.

    Redacción Salnés