Os comerciantes de Meis asócianse para defender os intereses do sector

    MEIS > Meis constitúe a súa primeira asociación de comerciantes. O colectivo busca representa, asesorar e defende-los intereses dos empresarios e autónomas da vila. A primeira das accións dinamizadoras da asociación será o sorteo de 300 euros en vales de compra durante este Nadal. A asociación de comerciantes de Meis xa é unha realidade. A unión dos comerciantes e autónomos da vila busca promover o desenvolvemento económico do concello, porque –segundo din- se as empresas e os autónomos avanzan, tamén o fará o municipio. A directiva da asociación abriu agora un proceso no que está a escoitar as propostas e demandas dos propios comerciantes. Todo, aseguran, para que sintan que detrás do seu negocio, hai un respaldo. Ademais, o colectivo vai promover entre os seus asociados un conxunto de servizos de interese xeral, co impulso de xornadas específicas, como por exemplo de networking, ou cursos por sectores, como pode se-lo caso da formación en escaparatismo. Tamén resolverán as dúbidas dos comerciantes en cuestións complicadas, como son a prevención de riscos ou a protección de datos. A outra das grandes bazas da asociación é o lanzamento de promocións que fomenten o comercio local. Para iso, xa está en marcha a primeira das súas campañas, unha iniciativa na que se han repartir 300 euros en vales de compra e que se vai prolongar ata despois de Reis. En total, para toda a comarca, vanse repartir 5.000 euros entre todos os asociaciados ó Consorcio de Comercio do Salnés.