Volve o waterpolo internacional a Pontevedra

Tras sete anos de ausencia o waterpolo de primeira liña volve a Pontevedra. O Club Waterpolo Galaico fará de anfitrión esta fin de semana na 5ª edición do Trofeo Internacional Cidade de Pontevedra desde deporte.

 

Dende 2008 non se volvera repetir, pero esta fin de semana o waterpolo internacional aterra na cidade do Lérez para desputar o Trofeo Internacional de Waterpolo Cidade de Pontevedra. Un campionato que chega á súa 5ª edición e que contará con equipos da primeira división portuguesa.

A cita terá lugar este sábado 19 de marzo e disputarase na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Uns encontros que ao club Galaico lle axudarán a preparar os seus próximos partidos.

O trofeo que se xogará en categoría senior a modo de triangular está organizado en dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, dende as 11 e media da mañá ata as 2 da tarde e dende as catro e media ata as oito e media. A entrada é de balde.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/17/ptac_camp_waterpolo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/17/ptac_camp_waterpolo.mp4{/flowplayer}