Sara Gómez deixa o Extrugasa e ficha polo Celta Indepo

sara250_120609.jpgSALNÉS> A escolta vilagarcián tiña decidido continuar en Liga Feminina. Tras recibir varias ofertas decidíuse pola do conxunto vigués.

Se estes días falouse das incorporacións de Ylenia Manzanares e Cristina de Souza ó Extrugasa, hoxe confirmouse unha marcha.

Xa se sabía que Sara Gómez non ía continuar no conxunto vilagarcián se lle saía algunha oferta interesante para quedarse na Liga Feminina, e así foi. A escolta de Guillán asinou polo Celta Indepo.

Alí pasará o ano que ven, nunha boa opción de futuro xa que se trata dun equipo que pretende loitar polos primeiros postos da clasificación e ter opcións de meterse en competición europea. Ademais quedarase en Galicia, en Vigo, preto da súa casa.

Agora tocaralle traballar para convencer ós técnicos de que no Celta pode ser, como no Extrugasa, unha peza fundamental.

Redacción Salnés