O Cambados TM brilla no Autonómico absoluto

tenisdemesa250_210410.jpgSALNÉS> Coas ligas xa rematadas, estes días celebrouse en A Coruña o Campionato Galego Absoluto, con moi bos resultados para o Cambados. Acadaron un ouro, tres pratas e dous bronces.

A mala temporada do Cambados TM con respecto ós resultados dos equipos nas ligas nacionais, non tivo a súa continuidade no Campionato Galego Absoltuto, onde raiou a gran altura sendo un dos protagonistas da competición.

Un total de seis medallas leváronse os de San Tomé, unha delas de ouro, a que acadou no dobres mixtos Adrián Vidal xunto a Ana Pérez, xogadora do Dubratambre. Gañaron tódolos partidos que xogaron.

En individual masculino destacou a prata acadada por Eduardo Barreiro, que fixo un torneo perfecto ata a final, onde caeu con Francisco Martín, xogador do Arteal de Santiago. Completando o podiun estivo Adrián Vidal, que se levou o bronce tras vencer na final de consolación. Fora apeado nas semifinais polo propio Eduardo Barreiro nun partido moi igualado que rematou 3-2.

Barreiro e Vidal fixeron parella no dobres onde tamén acadaron unha medalla, de prata. Juan Enseñat e Cristóbal Fernández do Club del Mar, leváronse o triunfo na final. Fernando e Ñajo Padín serían terceiros logo de ser eliminados nas semifinais polos seus compañeiros de club, noutro encontro que se puido decantar de calquera lado.

No que respecto á clasificación por equipos a victoria foi para o gran favorito, o Arteal de Santiago. Os cambadeses do Establecimientos Otero-Xacobeo 2010 volveron a quedarse coa mel nos beizos logo de caer na final por 3-0.

En xeral, os resultados obtidos califícanse dende o club coma moi positivos.

Redacción Salnés