O Barraña Volei Praia imponse campión de España na casa

BOIRO> Os infantís gañaron, esta fin de semana, na praia de Barraña.

A praia boirense de Barraña acolleu esta fin de semana o campionato de España de volei praia sub15. A cita contou con gran afluencia de xente, xa que moitos veciños e veciñas de Boiro non se quixeron perder a fantástica actuación dos locais, que derrotaron na final ós vascos de Getxo por 2 -0, vencendo no primeiro set por 21-13 e 21-18 no segundo. O encontro concluíu cunha gran celebración, de xogadores e técnicos boirenses, na propia praia. Ata Barraña se desprazou tamén o alcalde, Xoán Xosé Dieste, quen quixo felicitar ós rapaces persoalmente.