AMBAR estrea oficialmente o seu novo centro en Frións

    novocentroambar_100_120609.jpgRIBEIRA> A inauguración estivo presidida pola directora xeral de Familia e Benestar Social, Susana López Abella.

    {flowplayer}barbanza/novocentroambar.flv{/flowplayer}

    Aínda que xa levaba varios meses en uso, esta mañá quedou inaugurado oficialmente o centro de recursos da Asociación AMBAR que aglutina a persoas con diversidade funcional de todo o Barbanza. O acto oficial estivo presidido pola directora xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, quen reiterou o compromiso de colaboración do seu departamento con asociacións como AMBAR, que teñen por obxecto integrar ás persoas con diversidade funcional na sociedade, amosando as súas capacidades para desempeñar todo tipo de traballos.

    Formación en varias disciplinas

    No centro ocupacional, emprazado no lugar de Frións, os usuarios reciben formación específica en diversas disciplinas, tal e como puido comprobar a representante autonómica nunha visita ós distintos talleres que se desenvolven nas instalacións. Talleres e actividades que levan en marcha máis de dúas décadas, tal e como lembrou a presidenta da asociación, Milagros Rey, co fin de conquerir unha igualdade de dereitos plena e real para tódalas persoas.

    A presidenta da entidade aproveitou este acto para agradecer a colaboración de tódolos membros da asociación así como das administracións públicas, especialmente do concello de Ribeira e do seu alcalde, Xosé Lu´si Torres Colomer, princpal impulsor deste novo centro.

    Redacción Barbanza