A Xunta confirma que non executará o polígono de Tremoedo

    poligono_tremoedo100_120609.jpgSALNÉS> A Consellería de Medio Ambiente anunciou hoxe a paralización dos trámites do polígono industrial de Tremoedo.

    {flowplayer}images/salnes/poligono_tremoedo120609.flv{/flowplayer}

    SALNÉS> A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, anunciou hoxe nun comunicado a paralización dos trámites do polígono industrial de Tremoedo, iniciado polo bipartito. A Xunta confirma así que non se vai executar este parque, que afectaba a terreos de Vilanova e Vilagarcía, e que polo tanto se cumpre a promesa electoral do PP.

    O goberno actual considera que este polígono é innecesario e non responde a unha planificación territorial acertada. Sobre isto falaron hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra e mailo alcalde de Vilanova. José Manuel Cores Tourís e Gonzalo Durán, principais opositores a este proxecto, xa compareceran ó pouco de gañar o PP as eleccións autonómicas para certificar a defunción do polígono de Tremoedo.

    Cores Tourís explicou que o único que permitiu ata o de agora a nova Xunta foi unha prospección arqueolóxica no monte Lobeira, pero insistiu en que o polígono non se vai executar. Gonzalo Durán considera que hai un lobby en Vilagarcía, arredor do PSOE e BNG, que está moi interesados en que se fale de Tremoedo e que se faga este polígono. A razón, que se leven alí os depósitos que Finsa e Foresa ten en Ferrazo e que unha sentenza acaba de declarar ilegais.

    A Consellería que dirixe Agustín Hernández considera que o desenvolvemento industrial da comarca do Salnés debe centrarse na explotación e mellora dos polígonos actualmente existentes.

    Redacción Salnés