Xunta e Concello prometen continuar as obras de Xoán XXIII

    touris_grove100.jpgO GROVE> Os veciños de Xoán XXIII teñen o compromiso tanto da Xunta como do Concello de continuar as obras.

    {flowplayer}images/salnes/touris_grove.flv{/flowplayer}

    O GROVE> Os veciños de Xoán XXIII recolleron hoxe o compromiso en firme tanto da Xunta como do Concello de continuar as obras de urbanización desta rúa, principal entrada ó casco urbano.

    Os traballos levan tres meses parados por falta de financiamento e por non estar inda pechada a cesión dos terreos. O delegado da Xunta en Pontevedra prometeu loitar para recuperar os cartos precisos e o alcalde asegurou que xa contan con tódolos terreos, agás unha parcela propiedade da Igrexa. Cacabelos indicou que xa hai acordo e que só falta a firma.

    Na visita que realizaron esta mañá ás obras, o delegado territorial de Pontevedra e mailo alcalde estiveron acompañados por algúns veciños afectados. Estes esperan que se cumpra a boa vontade das administracións e piden máxima celeridade.

    Xunta e Concello tratarán de retomar as obras na marxe esquerda para que haxa zona de aparcamento e beirarrúas este verán, e logo tralo período estival empezar os traballos na marxe dereita.

    Redacción Salnés